viernes, 22 de enero de 2010

Troceando exposicións (VII)

A animación

A exposición de Raquel, Elena e Alvera consistiu nun vídeo de 45 minutos sobre a evolución histórica da animación e os seus distintos tipos: a animación en debuxos animados, a animación en 3D e a animación con plastilina ou stop-motion. A idea do vídeo pareceunos innovadora e interesante, lástima dos problemas co sonido que a veces impedían escoitar con claridade a voz en off. Estivo moi ben tamén a selección dos exemplos, pois habia algúns realmente divertidos (Ice Age ou o do neno que lle ía dar a moeda aos músicos da rúa, etc.), outros que enganchaban dende o principio (o de Vincent, de Tim Burton) e tamén estaban os máis importantes, como o do barco de Mickey Mouse, o primeiro debuxo animado da historia.


Creemos que era un tema interesante, e por iso a exposición tamén o foi. Botamos en falta, iso si, unha explicación un pouco máis detallada da técnica de animación virtual en 3D, pois sen dúbida é a que triunfa hoxe en día e a máis complexa das tres (os debuxos animados e o stop-motion non teñen moita máis historia). Quedounos claro, tamén, que a animación galega goza de boa saúde, algo que sen dúbida debemos ter presente para o noso futuro despois da universidade.

En definitiva, coa animación pódeno pasar mellor os maiores que os rapaces, o que demostra a súa calidade e eficacia como entretemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario