Introdución: Debido á natureza do tema o contido práctico primará sobre o teórico. Proxectaranse numerosos vídeos e fotografías que acheguen exemplos sobre o retoque fotográfico, co fin de suscitar un debate posterior no que se recollan as distintas posturas éticas. Tamén estará presente unha parte teórica, na que se abordarán os distintos programas de retoque, formatos, etc. Cóntarase, tamén, coa opinión de expertos no tema como Vítor Vaqueiro.
Obxectivos: Nesta exposición pretendemos que os nosos compañeiros se dean conta da extraordinaria importancia que o retoque dixital de fotografías ten na actualidade. Pretendemos tamén dar conta das distintas visións éticas que existen sobre este fenómeno. Ademais, buscarase a súa opinión mediante un debate posterior á exposición do tema.
Conclusión: A importancia do retoque fotográfico no mundo actual é tan elevada que ninguén pode quedar indiferente ante el. É importante que cadaquén teña unha opinión formada sobre esta cuestión e que a defenda con argumentos coherentes.
Para rematar, pedimos aos nosos compañeiros que calqueira idea que teñan e que consideren que debe aparecer na exposición nola fagan saber sen ningún tipo de medo (as patacas non comemos a ninguén, máis ben ao revés). Un saúdo.
viernes, 15 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario