Os títulos de crédito
A exposición de David, Olalla e Esteban serviunos para que nos désemos conta da extraordinaria importancia dos títulos de crédito dentro do deseño gráfico. Foi entretida, amena e chea de contidos, polo que lle sacaremos proveito xa que as patacas non coñecíamos moito sobre ese tema dos créditos.
Hai que destacar a figura de Saul Bass coma o máximo expoñente dos grafistas de títulos de crédito. Obra súa son os créditos de Vértigo, de Alfred Hitchcock, que se contan entre os máis destacados da historia do cine. Outros exemplos célebres foron Seven ou mesmo Intolerancia de D.W. Griffith, polo que se pode dicir que fixeron un percorrido moi amplo desde os comezos do séptimo arte (intertítulos do cine mudo) ata os nosos días (coa incorporación de obxectos nos títulos de crédito e a súa relación coa tipografía e os logotipos). Falouse tamén de casos específicos de directores coma Allen ou Fellini. Para rematar expuxeron como, na actualidade, impúxose a tendencia de que os créditos deben ser políticamente correctos, elegantes, sobrios e pouco rechamantes.
Non volveremos a saír do cine antes de que remate a película!
jueves, 14 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario