O vídeo na web
O traballo de Sandra, Rosa e Iván serviunos para confirmar as nosas sospeitas: Youtube é ao vídeo na rede o que Mr. Potato ás patacas, isto é, o Rei, o referente incuestionable. O portal creado por Chad Hurley constitúese coma un esforzo colectivo que conta coa participación de moitos e se destina a outros moitos tamén. Youtube é hoxe en día un verdadeiro fenómeno de masas, pois grazas a el persoas anónimas alcanzan a fama, logran un traballo, etc. Pon á nosa disposición millóns de vídeos cos máis variados contidos, e sen pagar un só céntimo de dereitos de autor ou cousas polo estilo. Maravilloso. (Síntoo moito Ramoncín, pero é así).
O traballo estivo ben no sentido de que, ademais de Youtube, tamén abordaron outras páxinas interesantes nas que se pode acceder a vídeos na rede, coma Google vídeo, seriesyonkis, flocostv, curtasnarede, etc. Estas páxinas demostran como a rede pode ser un magnífico instrumento de difusión e promoción da cultura audiovisual (e da outra tamén, pero pola parte que nos toca...). O que penso que non estivo tan ben foi a falta de exemplos, moi evidente nalgúns casos, e o feito de que algúns vídeos non se puidesen ver.
Para rematar, déixovos un dos meus vídeos favoritos de Youtube. O vídeo dun heroe anónimo que tivo a sangre fría de limparse o cu nun momento dramático. Un saúdo.
jueves, 14 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
gustariame dicirvos que xa tendes no noso blog os vídeos que non se puideron ver na exposición do mércores.
ResponderEliminarsentimolo polos vídeos porque realmente exemplificaban moi ben o explicado e que poderian servivos á hora de facer á páxina web. Tamén nons gustaría aclarar que non nos puidemos extender polo tempo de que dispuñamos e que fomos o máis sintéticos posibles.
sandra
Arrodillémonos ante o novo heroe nacional!! :D
ResponderEliminar