jueves, 15 de octubre de 2009

Muy buenas, Pataqueiros!

¡Buenos días!
Os escribe petacaminuta desde sus aposentos para deciros que no puedo ir a la clase de hoy. Ayer empecé a encontrarme mal, y hoy sigo con fiebre.
Como imagino que la práctica será online, ¿podríais transmitirme lo que hagais? Y yo la hago desde aquí.

Saludos, PATAQUEIROS!

viernes, 9 de octubre de 2009

Patacríticas de calidade

  • Radioactivo
O deseño é moi pequeno. Debería ocupar todo o espazo da pantalla. Parece unha pataca solitaria, sen aliño. Contidos algo escasos. Non ten ningunha animación. Nembargantes, o tema é entretido e os rapaces puxeron bastante da súa parte.

  • Que te quero
Mmm, encántame o tema amoroso. Moito colorido e multiplicidade de test para facer (as opcións e as preguntas son a repataca). Iso si, non creo que sexa unha pataca ninfómana...En conclusión: "tu si que vales".

  • Tutti Frutti
Cae no mesmo erro que o primeiro. Deseño pequeno e cores retro. Non parece que estean en serio, salvo no feito de que na tenda podes comprar as camisetas. Moi esquemático e estructural. Non teñen a "chispa pataqueira" que deberían posuir.
  • Ken and the dolls
Noraboa dende o paraiso da pataca! Maxistral inicio e deseño da páxina. Teñen un look moi moderno e ochenteiro. Nótase un gran traballo no aspecto musical e creativo (deberon de adicar polo menos tres anos pataca). Tamén posúen myspace, o que lle da un toque de verosimilitude ao proxecto. Coidado co scroll inicial.
  • Zapa
O deseño gráfico roza a perfección pero, a diferencia dos outros grupos, o músico Zapa xa era unha pataca ben fritida antes de pasar pola cociña audiovisual. Poemas con encanto e música que adormece as bestas.
  • Artesala
Zzz...demasiado longa a introdución. Ata deume tempo de botar unha soneca. Gústanme as parodias de películas (fantásticas as fotomontaxes) pero quédase algo curto. Mais pataca e menos leria artesala!
  • Minimalab
Pero bueno, onde están as animacións, a chispa creativa, o carácter cómico do proxecto? Seica pensaron que debía ser cousa seria. O tono gris da entrada xa revela o "minimalismo" existente. Muito obrigado!
  • Oitenteiros
Sabíades que a mellor etapa da pataca foi nos anos 80? O vídeo que da comezo a páxina tarda en cargar pero está moi ben. Boto de menos un apartado especial para Ramoncín, "el rey del pollo frito". Ten bastantes contidos e documentación pero teño a sensación de que lle falta algo.
  • Ao limite
Comida, cartos que aforrar e sitios polos que sair. Unha síntese das miñas tres aficións favoritas. A única pega é a ausencia da pataca...tan fundamental na nosa dieta! Deseño divertido e visualización suxerinte ainda que algo confusa.
  • Guioniza
Cun tema tan prolífico como pode ser os guións audiovisuais e a pouca gracia pataqueira que ten. Máis invención e orixinalidade amigos meus. Enorme traballo documental pero, ao igual que o minimalab, máis serios que unha pataca sen aceite.
  • Wonderful 5
"Haz click para entrar"...dónde? As patacas non podemos ser adiviñas. Boa música e deseño axeitado. Fotografía+perfil+música= Wonderful 5. Sinxelo pero pataqueiramente cojonudo. Iso si, se puidesemos para a música que soa moito mellor.

En fin, queridos amantes da pataca, despedímonos ata a semán que ven. Boa sorte a todos!

jueves, 8 de octubre de 2009

Saudos Pataqueiros!

Fai moito tempo, nunha galaxia moi lonxana, vivían tres comunicadores audiovisuais dispostos a conquistar o planeta do deseño gráfico. Aquí comeza a nosa (e vosa) aventura intervirtual. Esperamos que nos acompañedes ao longo deste cuadrimestre no que tentaremos servir de punto de encontro para todos vós. Benvidos a nosa bitácora. Que o photoshop vos acompañe.


A PATACA DA MORTE