Redes sociais
Gustounos moito a exposición sobre as redes sociais (nós tamén temos moito vicio...). Dentro da nosa leira as redes máis usadas son o Tuenti e o Facebook, aínda que tamén hai unha miembra (como a ministra) que posúe Twitter e outro membro que forma parte dun grupo de música con Myspace.
As razóns polas que usamos máis estas redes son, basicamente, dúas: son as que ofrecen maiores servizos e posibilidades (xogos, posibilidade de intercambiar vídeos, fotos, mensaxes, coñecer xente...) e, tamén, son as que concentran a un maior número de usuarios no noso ámbito, polo que é máis doado contactar coas persoas do teu entorno, etc. (se cada persoa estivese nunha rede diferente sería necesario estar rexistrado en cada unha delas ou directamente sería imposible a interacción).
Se consideramos ao Youtube como unha rede social, que polo que explicaron os compañeiros así é, entón tamén debemos incluíla nas máis usadas, xa que nela podemos ver os nosos vídeos musicais ou os abdominais de Cristiano, por poñer dous exemplos. Tamén hai que destacar que todas elas son redes doadas de empregar e teñen unha grande usabilidade, non coma o hi5 que é máis complicada.
Deseño web centrado no usuario

Seica menos impactante que a anterior exposición, pero cunha importancia similar (ou maior). O punto de vista acadado polos nosos compañeiros arredor da lacazanería espectatorial supón o punto clave- a clave de bóveda electrónica- á hora de diseñar unha páxina web centrada no usuario.
Como todos sabemos, os internautas pasan unha media de 10 seg. por páxina. Se neses 10 seg. non es capaz de atrapalos, de "exortizalos"co teu diseño web, asegúroche que non volverán pisala ata dentro de moito tempo. E unha páxina web está diseñada para ser vista, canta máis xente mellor.
Diferénciase tamén entre páxina web ben diseñada e páxina web cómoda de visualizar. Non é o mesmo! E, posiblemente, a segunda opción- comodidade-sexa máis exitosa. Non por iso temos que olvidar que un bo e atractivo diseño acompañado (ou non) dun fácil manexo vai constituir o noso obxectivo este curso. Os pataqueiros pensamos que a comodidade (pelar unha pataca) é tan importante como a presentación (aspecto externo dunha pataca): esa é a idea básica da presentación que tan ben expuxeron os nosos compañeiros.
O profesor Saco elaborou un vídeo tutorial sobre Dreamweaver ó que podedes acceder a partir de USC virtual>campus virtual da Usc> e xa nesta dirección
ResponderEliminarhttp://www.usc.es/campusvirtual/
identificadesvos, buscades a materia de Deseño e buscades o tutorial.
marotlo
Vemos como o usuario, o destinatario final de cada proxecto, de cada realización é o que ten que estar no noso punto de mira. Pensemos sempre en comunicación, e que esa comunicación na rede te que ser moi, moi efectiva, porque hai millóns de páxina e os usuarios non perden tempo naquelas en que non ofrecen nada ou que son difíciles de utilizar.
ResponderEliminarmarotlo