martes, 22 de diciembre de 2009

Troceando exposicións (III)

Logotipos

Máis aló dos vídeos, máis aló do contido e da información dada, está por riba de todo, a interacción destinador-destinatario.

O éxito do traballo dos nosos queridos compañeiros, ademais da boa exposición que fixeron acerca da importancia do logotipo nunha páxina web, radica na inclusión (ollo ao dato!) do público dentro da realización do traballo.

Por poñer un exemplo:
Non é igual que un profesor fale sobre unha materia, non deixando espacio a dúbidas, apuntes, intervencións...que un profesor que sí que o faga. A posibilidade de debatir sobre un tema, de expor diferentes puntos de vista contrastando uns cos outros fai o traballo moito máis completo e, a pesar de que algúns non o entendan, máis ameno.

"A clave está no debate"(evanxelio pataqueiro, p. 539)

Pero deixemos atrás estes desvaríos metadiscursivos e centrémonos no logotipo. O noso obxectivo aquí consistirá en aunar as diferentes reflexións que fixeron os nosos compañeiros sintetizándoas de xeito que quede todo máis claro...

-O logotipo responde as necesidades do proxecto, ao obxectivo deste.
-Nós somos os creadores do proxecto. O logotipo será creado tamén por nós.
-Para crear un logotipo axustado, primero deberemos delimitar con claridade as cualidades e características do noso proxecto.
-Unha vez coñezamos con claridade o noso proxecto, poderemos elaborar o logotipo.
-O logotipo representa o corazón do proxecto, non o esqueleto.

Para rematar, as patacas despídense parodiando a célebre frase de Martini:

No logotipo, no proxecto

1 comentario:

  1. grazas polas ideas e os resumos. Este esforzo significa que ides levar ó voso proxecto todas as referencias e conclusións que fustedes obtendo das distintas exposicións. Todo no fondo é unha máxima, deseño é igual a comunicación e para isto hai que coñecer os pormenores sobre o que imos traballar e os pormenores que inflúen na imaxe visual das cousas.
    marotlo

    ResponderEliminar