Antes de falar do seu traballo quero facer un resumen pataqueiro do esquema ideal dunha exposición:
1. Ten que transmitir información sobre un tema
2. Ten que estar apoiado en páxinas web, imaxes, textos axenos aos mesmos expositores.
3. Ten que cumplir cumplir cunha estructura máis ou menos clara.
4. Ten que ser exposto con claridade discursiva e sinxeleza linguística.
5. Ten que dar lugar a debate ou, polo menos, a certa dúbida.
6. Ten que cautivar ao público. Este é o punto máis difícil de achar.
Dos seis puntos anteriores, só hai un que brillou pola súa ausencia: o punto número 6.
Os demais fóronse cumplindo (o cinco está soamente planteado) polo que a exposición, tildada por algúns compañeiros como "demasiado teórica" ou "seria", é válida.
No tocante ao punto 6, a falta de chispa que tanto ansía o espectador foi unha das pegas deste traballo exposto polo recuncho dos lacazáns.
A través do traballo, concluimos que a senda da calidade de contidos non vai parella á do camiño da cantidade:
maior cantidade non equivale a maior calidade.
A presentación da web é, como xa dixéramos, moi importante. Os contidos de calidade son capaces de enriquecer o deseño web, obxectivo último de calqueira páxina. A selección deses contidos é a complicada tarea que vai ter o deseñador.
Por último, o tema da Wikipedia como fonte fiable- ou non- de información é un bo tema de debate que, de non ser polo tempo, podería haber dado pé a moitas opinións. A nosa opinión?
"Seguindo o postulado nihilista polo cal non existe a verdade neste mundo, damos por válida a creación dunha enciclopedia virtual (Wikipedia) como ferramenta transmisora de información. Para nós, non existe diferencia entre a información da Encarta e da Wikipedia; se cadra no método de elaboración. Encarta fanna uns poucos e Wikipedia fanna todos."
(evanxelios pataqueiros, pag.1093)
Está ben o evanxelio pataqueiro. é relevante o esforzo colectivo, a colaboración e participación de muchos para muchos. Sempre hai problemas e disfuncións, pero hai que ir resolvendo as contradiccións a medida que van xurdindo. A wikipedia ten fallos, pero a dimensión colaborativa é un puñetazo ós grandes defensores de copyrhigt e das sgaes do mundo.
ResponderEliminarmarotlo
Lembramos que está aberto o prazo de preinscrición para o obradoiro de flash. So hai que remitir un correo ó enderezo segotero2001@yahoo.es
ResponderEliminarmarotlo