viernes, 27 de noviembre de 2009

Troceando exposicións (I)

Tipografía
  1. Existe un tipo de letra adecuado a cada situación, polo que debemos escoller o que mellor acaia dependendo das nosas intencións como autores da páxina.
  2. Mellor empregar minúsculas que maiúsculas. No caso de utilizar as maiúsculas, estas non deben estar separadas por un espazo demasiado grande.
  3. Hai que coidar moito os espazos, tanto entre as letras/palabras como entre as liñas (interlineado).
  4. O texto non debe estar xustificado, é preferible que estea aliñado á esquerda.
  5. Non nos debemos preocupar demasiado polos marxes da páxina, pois considéranse un elemento anticuado.

Comunicación visual

  1. É importante escoller ben as cores coas que confeccionemos a nosa páxina, xa que transmitirán diferentes sensacións e terán connotacións distintas.
  2. Para iso contamos coa paleta de 216 cores (a paleta estándar).
  3. O aspecto da nosa páxina debe ser atractivo pero sen descoidar a comodidade e a funcionalidade da mesma. Elementos constitutivos de diferentes formas.
  4. Os menús e submenús deben ser doados de manexar.
  5. Por último, recordar que a nosa páxina é unha unidade, polo que todos os elementos deben adaptarse a esta.

1 comentario:

  1. O deseño ten que parti dunha exhaustiva documentación sobre o produto que se vai desenvolver. O coñocemento do mesmo permitirá a definición dun estilo propio, dunha forma de contar que se axuste ó produto e ó público ó que vai dirixido. Hai que ter en conta sempre as ventaxas e desventaxas da utilización de determiandos mecanismos que inflúen na percepción visual dos obxectos.
    marotlo

    ResponderEliminar