miércoles, 11 de noviembre de 2009

Xa temos proxecto!

Tras moitas deliberacións, atopamos o noso proxecto ideal: unha mestura do mundo audiovisual co mundo do guión. Trataríase de escoller un personaxe pertencente ao mundo do cine, por exemplo Gollum ou Terminator, que se situaría nun filme totalmente distinto ao seu propio. Deste xeito, o usuario debe responder a un test sobre como actuaría ese personaxe nunha situación concreta desa película, feito insólito na historia do cine. Sería transformar, modificar a realidade a partir das decisións do usuario. Dependendo das súas respostas, o personaxe convertirase en heroe ou vilán. Esperamos que vos guste!

6 comentarios:

  1. A comisión de festas considera que é este un tema moi amplio,¿podedes especificar máis, que enfoque lle ides dar??
    uy non sei se teredes presuposto para tan grande festa

    ResponderEliminar
  2. A idea é moi ambiciosa, pero ten razón a comisión de festas, podedes especificar?

    ResponderEliminar
  3. Se fai falta poñemos da nosa parte para que esta festa continúe. A idea parécenos moi boa e esperamos que o proxecto siga adiante. Ás veces hai que ser ambiciosos...

    ResponderEliminar
  4. o tema está xenial, pero hai moitos e moitos persoaxes, tenme un parecido cos "test do facebook" pero con moitaaaaas diferenzas respeto á calidade :)
    estamos desexando facer algún deses test muajaja

    ResponderEliminar
  5. Un tema estraño, pero que con orixinalidade e ganas de traballar pode quedar moi ben. Adiante e ánimo!

    ResponderEliminar
  6. Non acabamos de visualizar como funcionaría esta páxina, pero é orixinal e pode dar moito xogo. Esperamos que vos funcione ben

    ResponderEliminar