- Existe un tipo de letra adecuado a cada situación, polo que debemos escoller o que mellor acaia dependendo das nosas intencións como autores da páxina.
- Mellor empregar minúsculas que maiúsculas. No caso de utilizar as maiúsculas, estas non deben estar separadas por un espazo demasiado grande.
- Hai que coidar moito os espazos, tanto entre as letras/palabras como entre as liñas (interlineado).
- O texto non debe estar xustificado, é preferible que estea aliñado á esquerda.
- Non nos debemos preocupar demasiado polos marxes da páxina, pois considéranse un elemento anticuado.
Comunicación visual
- É importante escoller ben as cores coas que confeccionemos a nosa páxina, xa que transmitirán diferentes sensacións e terán connotacións distintas.
- Para iso contamos coa paleta de 216 cores (a paleta estándar).
- O aspecto da nosa páxina debe ser atractivo pero sen descoidar a comodidade e a funcionalidade da mesma. Elementos constitutivos de diferentes formas.
- Os menús e submenús deben ser doados de manexar.
- Por último, recordar que a nosa páxina é unha unidade, polo que todos os elementos deben adaptarse a esta.